ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 27-29 MAIO PARA NEN@S EN PONTEVEDRA


Din que esta fin de semana dan choiva pero tamén temos un montón de actividades cos nenos, xa veredes:


O venres, coma sempre, ás seis da tarde haberá sesión de contos na biblioteca pública a cargo de Bea Campos do grupo de teatro Migallas, a entrada é de balde e está indicada para cativos a partir de tres anos.

O sábado, temos un contacontos en inglés chamado "Welcome to the Jungle" ás 11:30 na academia de Kids&us en Campolongo, a entrada é de balde pero teremos que pedir invitación no centro se queremos ir, avisannos que as prazas son limitadas.

Tamén o sábado temos unha boa proposta na Praza de Abastos de Pontevedra xa que é o día do Mercado e seguro que fan unha celebración por todolo alto e ademáis haberá obradoiro para os nenos!!


E por se fora pouco, o sábado as seis da tarde chega a Pontevedra o musical "Dreams", no Auditorio da sede Afundación, ainda quedan entradas e de seguro que os nen@s disfrutan moitísimo cantando as canciones máis famosas de Disney! 

Ata aquí a oferta desta fin de semana, ata o luns!!!


Entradas populares