PONTEXOGO 2016

Por fin chegou Pontexogo!!!


Hoxe abriu as súas portas Pontexogo para que todos os nen@s poidan desfrutar este Nadal con moitas actividades!




No exterior da praza, haberá xogos e tamén temos a tirolina que xa houbo outros anos, ainda que este ano máis longa, de ata 130 metros!!



Na carpa, este ano haberá moitas novedades, porque lonxe dos inchables do ano pasado esta vez, óptase por xogos máis tradicionais. A verdade é que o ambiente era menos cargado que outros anos, ainda que era o primeiro dia, a ver como vai o resto do Nadal.




O espazo da carpa divídese en cinco zonas adicadas cada unha a un persoaxe, con xogos e obradoiros moi orixinais que seguro que encantan os máis pequenos. A miñas fillas encantoulles un no que tiñan que meterse nunca carpa escura e traballar con luces flourescentes.


Outra novidade de este ano é que para entrar hai que levar tikets de compra como os anos anteriores para poder acceder ás actividades.



Tamén hai un espazo reservado para cando veña Papa Noel e os reis magos de Oriente e reciban os nenos.


A zona do fondo ten unha decoración preciosa, con maquetas das casas da cidade. Son realmente preciosas, e de seguro que serán un bo fondo para moitas fotos.



Eiqui vos deixo o programa para que non vos perdades nada!



A verdade, é que este espazo gostame moito, e parece que este ano quixeron poñer algo distinto que espero que funcione, se ben é certo, boto en falta o tiovivo no exterior, que a min, paréceme que lle da certo encanto. Non vos parece?

Espero que vos animedes a vir!! Nós repetiremos seguro!


Entradas populares