ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 21-23 ABRIL

E digo eu, que mellor fin de semana que esta para retomar o blog! O domingo é o día do libro!!!


Pero non nos adiantemos, xa que o venres na biblioteca pública de Pontevedra teremos sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás que a nós encántanos, así que xa sabedes, ás seis da tarde na sala de obradoiros.


O sábado, no espazo do Ganapán, no Mercado de Pontevedra, haberá un obradoiro de repostería saudable. A partir das 12:00 horas, Sabela Fariña de La Artesa explicará os que se anoten como preparar doces e galletas con panela e fariña de espelta. A actividade é de balde pero precísase reservar a praza no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645, tamén podese facela reserva por wassap. Está dirixido a nen@s de entre 4 e 8 anos.



Tamén o sábado en "El Patio" (rúa Virxe do Camiño, número 11) haberá unha sesión para coñecer o método de alimentación complementaria guiada para os nosos bebes (Baby Led Weaning) 

Toda a información e inscripcions en elpatriokinderbar@gmail.com ou no teléfono 699412154.




Pero o día grande chega o domingo, pois como é 23 de abril,  celebrarase o día do libro na Ferrería con unha feria na que participarán as librerías da nosa cidade.

Ademáis hai preparado un amplo programa de actividades, tanto para maiores coma para os máis cativos da casa, que comezará ás 12:00 horas cunha sesión de contacontos a cargo de Raquel Quizás que presentará Cocorocó.



As 13:00 horas non podemos perdernos a actuación de LiliCleta, un triciclo transformado en discoteca, cine... todo un espectáculo!

Pola tarde, estarán ás 17:30 os nosos amigos de Polo correo do vento para contarnos unha historia sobre Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco. Historia que podemos levarnos para casa no segundo libro da colección de Mulleres Galegas e que de seguro encantará os máis cativos da casa, e lles axudará a coñecer quen era esta muller tan indispensable no mundo da arte. 




Ás 18:30 Isabel Risco presentará o espectáculo Nabiza Girl e para rematar o día, haberá concerto dun grupo de rock da nosa cidade, Flip Corale.

Apetecible, non sí? Pois a disfrutar da fin de semana!!!






Entradas populares