ACTIVIDADES NEN@S PONTEVEDRA 26-28 MAIO

Esta fin de semana temos un montón de propostas, unhas ó aire libre e outras a cuberto, así que poderemos elexir:


Coma cada venres, temos na biblioteca publica de Pontevedra, sesión de contos, esta vez a cargo de Pavís Pavós, con "Maio longo, conto redondo", dirixido para nen@s a partires de 3 anos na sala de obradoiros. Coma xa sabedes a entrada é de balde ata completar aforo.

O sábado no Ganapán do Mercado de Abastos, temos unha sesión de contos a cargo de Olga de Cocorico Moda Infantil, e ademáis poderemos debuxar e cociñar. Será ás 12:00 e a actividades está prevista para nen@s de entre 3 e 8 anos. Tamén é unha actividade de balde pero hai que reservar praza no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645.



Na tarde do sábado na Sede Afundación de Pontevedra poderemos disfrutar do Musical de Mary Poppins ás seis e media, e as entradas están disponibles en ataquilla.com. Aínda quedan entradas!


O sábado, durante todo o día haberá unha fiesta na Illa do Covo de Pontevedra, a Festa do Apego, onde están programadas moitas actividades dende as 12 da mañá ata as 7 da tarde. No caso de choiva as actividades pasarán o Pazo da Cultura.

A programación da que poderemos disfrutar conta con música, contos e xogos. Paréceme un bo día para facer un picnic na illa e así disfrutar de toda a programación.



As 12:00 e as 16:00 haberá o obradoiro-espectáculo "Percubebes" de Marcelo Dobode e Bea Martinez, e as 16:00 un contacontos de Raquel Queizás. Tamén ás 18:00 horas tocaralle o turno As Fedellas, Purpurina e Brillantina.  A música estará a cargo de Magín Blanco e os Golfiños. 
E moitas cousas máis!!







Entradas populares