ACTIVIDADES NEN@S PONTEVEDRA 9-11 XUÑO



Parece que se queda con nós o bo tempo, así que a disfrutar doutro fin de semana cheo de actividades.

Comezamos con este venres 9 de xuño que haberá sesión de contos na Biblioteca Pública de Pontevedra a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla). Coma sempre, ás 6 da tarde na sala de obradoiros e a entrada é de balde ata completar aforo.



Pero non só iso, esta semana celebrase na nosa cidade, SETE FALARES, con actividades para nen@s. Así o venres ás seis da tarde na Casa das Campás poderemos disfrutar da actuación de Pavís Pavós e o sábado ás doce da mañá nas Ruinas de San Domigos de Bea Campos. Ambalas dúas citas son de balde ata completar a capacidade e están orientada ó público familiar. Non podedes faltar!!



Ademáis, este sábado hai Sétima Feira na Praza de Abastos de Pontevedra, no que haberá tallerSF mini e tallerSF infantil. Eiquí tendes toda a información e cómo anotar os vosos peques para que o pasen xenial.



E se ainda non tendes dabondo, co motivo do Dia Mundial do Medio Ambiente este sábado celebrase por parte do Concello e da Diputación un reparto gratuito de flores de tempada e bolsas de compost na Ferrería, non vos quededes sen a vosa.

E se ainda non o sabedes, o colectivo Polo correo do vento xunto co Concello de Pontevedra convidannos a participar na campaña Proponunhamuller, dirixida á Real Academia Galega para que sexa unha muller a quen se lle adique o Día das Letras Galegas do 2018. Eiquí vos deixo o enlace do blog para os que queiran participar.


E se o domingo vos apetece dar un paseo ata Barro tendes o Mercado ecolóxico con actividades para os máis pequen@s da casa. 







Entradas populares