ACTIVIDADES FIN DE SEMANA DE NADAL

Pois xa están eiquí as festas! Son datas moi especiales para aqueles que nos gusta o Nadal, sobre todo se hai cativos na casa. Recordo que a tarde de noiteboa sempre levaba os meus curmáns pequenos ó cine para que non estiveran polo medio na casa dos meus avós mentres preparaban todo!

Así que xa sabedes, se queredes sacar os peques das casas eiquí tendes algúns plans.

Comezamos polo venres 22 de decembro no salón de actos do museo coa presentación do libro "Marisé e o loro Ravachol" ás 19:30 horas. Neste enlace do museo tendes máis información.

Tamén o venres en "El patio Kinder bar" haberá un contacontos e obradoiro en inglés "Santa´s Elves", ás 17:00 horas. Se queredes máis información podedes poñervos en contacto con eles no mail elpatiokinderbar@gmail.com ou no teléfono 699412154.

Tampouco podemos esquecernos da oferta que nos ofrece Pontexogos, na carpa que está diante do Concello. Esta fin de semana temos, o venres a actuación do Mago Pedro Bugarín ás 19:00 horas.



O sábado temos un contacontos en inglés con Kid&Us ás 19:00 horas e o domingo, que é noiteboa non podaría faltar a visita de Papa Noel. Recordade que este día Pontexogos pecha antes, ás 19:00 horas, para que todos podamos disfrutar da cea en familia.


Que pasedes unhas felices festas!!! Ata a volta!



Entradas populares